6/2/08

Paseniño vai ao teatro


Hoxe pola tarde, os integrantes do Club de Lectura fomos ao centro social que Caixanova ten en Pontevedra a ver o musical "Robin Hood". Esta é a primeira actividade extraescolar que realiza o grupo e que, curiosamente, coincide co comezo das nosas reunións.

Coma sempre, a uns gustoulles máis ca outros, pero, en xeral, a experiencia creo que foi satisfactoria. Esperemos que non sexa a última, pois buscando seguro que atopamos outras "cousiñas" que podamos facer todos xuntos fóra do instituto relacionadas coa lectura e a cultura.

Por certo tedes outra entrada relacionada con esta excursión no noso blogue Paseniño.

5/2/08

Xa era hora!

Agora si que chegou o momento! Despois de varias intentonas, por fin mañá inauguramos o noso Club de Lectura Paseniño.

Parece mentira que coa cantidade de títulos que existen no mercado, sempre foramos a elixir aqueles dos que non se daban atopado 12 ou 13 exemplares idénticos. En efecto, a literatura anglosaxona e fantástica representada por "Los seis signos de la Luz" queda posposta para máis adiante. Esperemos poder retomar esta iniciativa antes de que remate o curso, porque de verdade que aos nosos socios e socias lles apetecía un montón ler este libro.

Para "abrir boca" cambiamos entón completamente de rexistro e nos decantamos por un deses autores que nunca che fallan. Estamos a falar do noso incombustible Agustín Fernández Paz, de sobra coñecido pola inmensa maioría de alumnos/as galegos/as de Secundaria. O título escollido é precisamente un dos que recomendáramos na nosa guía de lecturas, O Escaparate. Trátase de Rapazas, conxunto de seis contos ambientados en Galicia, nos que a protagonista sempre é unha adolescente que se enfronta a algún problema ou vivencia propia da súa idade e da sociedade actual. Sabemos que o cambio vai ser estupendamente acollido polos/as integrantes do club, xa que, posiblemente, vexan reflectidas as súas experiencias persoais nalgunha das historias que aquí se relatan.

Realmente, o profesorado encargado do club estamos moi ilusionados/as con esta nova oportunidade que se nos ofrece para fomentar a lectura entre o noso alumnado, especialmente dende que observamos o ansiosos/as que estabades todos/as por comezar as reunións. Así que esperamos de corazón non vos decepcionar.

Coincidindo coa posta en funcionamento do club de lectura, estreamos tamén un novo blogue, o cal non se podería chamar doutra forma que Paseniño. A partir de agora este será, pois, o lugar no que fagamos un seguimento detallado das nosas xuntanzas e no que todos/as poderedes deixar constancia das vosas opinións ou inquedanzas con respecto das lecturas que vaiamos facendo e dos temas que vaiamos tratando.

30/1/08

30 de XANEIRO. DÍA ESCOLAR da PAZ e a NON-VIOLENCIA

Existe, por desgraza, unha ampla mostra de conflitos armados onde constatar os diferentes graos de sufrimento e degradación do ser humano que toda guerra implica. Algúns, aparentemente esquecidos, deixaron, non obstante, feridas mal cicatrizadas e dispostas a reabrirse en calquera momento. Outros, case descoñecidos no imperdoablemente descoñecido continente africano, están xa perdidos sen remedio sexa cal sexa o resultado final da contenda. Tamén os hai cotiáns, perniciosos, que abandonan os primeiros titulares pero deixan rastros atrofiados, convertidos en xordas ladaíñas onde a traxedia individual de cada morte se dilúe en cifras carentes de sentido.

Sendo conscientes desta situación, no Día Internacional da Paz, eliximos a guerra de Iraq como símbolo do engano, a barbarie e a loucura que toda guerra implica.

Neste documento utilizamos unha breve selección de textos de poetas árabes representativos da desolación dun pobo ante a traxedia colectiva que asola moitos dos seus países. Tamén incluímos algunhas citas contra a guerra de varios pensadores e escritores da nosa cultura occidental..

Oiamos as súas voces porque temos o convencemento de que só escoitando persoas sosegadas e respectuosas de calquera cultura os seres humanos teremos unha mínima posibilidade de futuro. Este é o espírito que alenta o presente documento que forma parte da iniciativa colectiva das Bibliotecas Escolares Galegas non Día Internacional da Paz, por un mundo mellor e máis xusto.


Os materiais gráficos deste documento proceden das seguintes fontes:

Iraq War Paintings Gerard Laing
Carteles contra una guerra – Signos por la paz (James Mann, Ed. Gustavo Gili)
Lions Clubs International Peace Poster Contest



Noveno traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

Poemas pola PAZ

Chegamos ao momento en que evocamos a PAZ como unha lembranza.

Impresionados/as polos horrores das guerras, pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os/as ensinantes, os/as bibliotecarios/as, debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da PAZ e da verdade. A verdade porque somos os/as administradores/as dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A PAZ porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos de que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos; todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como o primeiro e o máis importante dos nosos labores cotiás.

Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionantes, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte.

As persoas somos unha mestura de razón e sentimento; nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón.




Oitavo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ.


29/1/08

Máis Música pola PAZ

Compartindo o desexo común dos blogues das Bibliotecas Escolares Galegas, xa publicamos unha entrada na que presentabamos tres cancións relacionadas directamente co tema da PAZ (ver aquí).

Agora, en vésperas da conmemoración que unha vez máis nos uniu a tantos/as educadores/as, dende bibliobarro queremos colaborar con esta iniciativa incluíndo no noso blogue outros tres temas de estilos musicais totalmente distintos, pero que teñen en común o enxalzamento que nelas se fai da paz e a non-violencia.



LA RIVA BIANCA, LA RIVA NERA (A. Testa, E. Sciorilli)

- Signor capitano si fermi qui.
- Sono tanto stanco, mi fermo sì.
- Attento, sparano, si butti giù.
- Sto attento, ma riparati anche tu.


- Dimmi un po’, soldato, di dove sei?
- Sono di un paese vicino a lei,
però sul fiume passa la frontiera,
la riva bianca, la riva nera,
e sopra il ponte vedo una bandiera,
ma non è quella che c’è dentro il mio cuor.


- Tu soldato allora non sei dei miei?
- Ho un’altra divisa, lo sa anche lei.
- No, non lo so, perché non vedo più,
mi han colpito e forse sei stato tu.


- Signor capitano, che ci vuoi far?
questa qui è la guerra, non può cambiar.
Sulla collina canta la mitraglia
e l’erba verde diventa paglia,
e lungo il fiume continua la battaglia,
ma per noi due è già finita ormai.


- Signor capitano, io devo andar.
- Vengo anch’io con te, non mi puoi lasciar.
- No, non ti lascerò, io lo so già,
starò vicino a te per l’eternità.


Tutto è finito, tace la frontiera,
la riva bianca, la riva nera,
mentre una donna piange nella sera
e chiama un nome che mai risponderà.


- Signor capitano si fermi qui.
- Sono tanto stanco, mi fermo sì.






NO DUDARÍA (Antonio Flores)




CARTA DEL SOLDADO (Olga Manzano e Manuel Picón)

Carta a mi hijo soldado
que está peleando por la paz
en las lejanas tierras del Norte.

Querido hijo:

Hace mucho tiempo que no tenemos noticias tuyas.
Sabemos que estás muy bien
y muy contento haciendo lo que realmente te gusta.
Nosotros acá en casa como siempre.
Tu padre un poco enfermo
y yo con estos aburrimientos.

¡Hoy he pagado mis impuestos para la defensa nacional!
Nos sentimos muy orgullosos de haber cumplido con la patria.

Hoy nos acordamos de ti,
mirando un serial de guerra muy entretenido.
¡Qué maravilla ver los soldados en el frente!
¡Qué bien les quedan esos trajes!
Realmente se ven todos tan valientes.
¡Qué maravilla debe ser todo allí!
Trabaja un muchacho rubio que se te parece tanto,
que tu padre y yo nos emocionamos realmente.

Para las Navidades esperamos tenerte en la mesa
y brindar por la victoria;
que ésas son nuestras mayores ilusiones:
tenerte en casa para las Navidades.

Te voy a contar que el nene de tu hermana
se parece cada vez más a su tío,
tanto, que quiere ser soldado como él.
¡Te imaginarás el orgullo de tu padre,
que lo primero que hizo fue regalarle un rifle
y un revólver de ésos que usan los soldados en la televisión!

La próxima carta espero que cuentes
lo bien que lo estarás pasando
y las cosas lindas y lejanas que estarás conociendo;
porque realmente nosotros no conocemos nada de esas cosas.

Te besa tu madre.



Muere, soldado, muere al revés.
Muere, soldado, muere al revés.
No mueras muerto de bala;
muere porque otro ha venido a crecer.

Muere, soldado, muere por mí.
Muere, soldado, muere por mí.
No mueras muerto por nada;
muere gritando que no hay que morir.


Querida madre:

A esta hora estoy muriendo en un arrozal.
¡Si vieras qué verde es la muerte mía!
El estruendo de las bombas y el llanto de los niños
ya son cosas lejanas.

Estoy muriendo en un arrozal.
Yo creía que ellos tiraban balas, madre,
pero tiran arroz.
Estoy muriendo de arroz.
Yo muero y el arrozal crece en torno mío.
¡Si tú vieras qué verde es la vida de ésos y la muerte mía!

He comprendido que la vida es arroz, madre,
y la muerte es verde y sola.
Dile a los muchachos que aún no han venido
que siembren arroz,
que lo cubran todo de verde,
que la vida es arroz, madre,
la vida es arroz.


Muere, soldado, muere al revés.
Muere, soldado, muere al revés.
No mueras muerto de bala;
muere porque otro ha venido a crecer.

Muere, soldado, muere por mí.
Muere, soldado, muere por mí.
No mueras muerto por nada;
muere gritando que no hay que morir.

PAZ, PAU, PAIX, MIR, PEACE, BAKE, SHANTI, FREDE, NEEDED, ...



Mañá é o Día da Paz. Desde hai días as Bibliotecas Escolares Galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.






Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ.

28/1/08

Non ás Guerras

Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.




Empeñados como estamos, proclamamos cada día

NON ÁS GUERRAS



Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ.

27/1/08

Pintura pola PAZ

A violencia nas súas diferentes formas, como manifestación do despropósito, é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Foron precisamente os sucesos acontecidos durante a Guerra da Independencia (1808-1814) os que deron lugar a que Goya efectuase unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestacións e consecuencias.

(...) Francisco de Goya, escéptico ante as xustificacións da guerra, lonxe de apoiar coa súa obra os postulados ideolóxicos dalgún dos bandos contendentes, mostra o rostro máis escuro e abxecto da guerra, o dos mortos e os seus asasinos, o dos indefensos e os seus prepotentes violadores, o dos que padecen e o dos que gozan co padecemento alleo.

(...) A sensibilidade de Goya ante estes acontecementos produciu non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental berro contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación ningunha, e que grazas ao maxistral do seu tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador contemplar imaxes inherentes a toda guerra.

(...) As obras de Goya de contido bélico non mostran aos heroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos gravados amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera preséntannos feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal do heroísmo, a brutalidade, a fame, a deseperación, a destrución, pero sobre todo a morte. E todo iso protagonizado polo pobo anónimo, verdadeira vítima da guerra.

José Manuel Mantilla. El libro de Los Desastres de la Guerra. Francisco de Goya. Madrid, 2007, Arlanza Ediciones.




Nota: Os títulos dos gravados reproducen a ortografía orixinal de Goya.

Quinto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ.

Poesía pola PAZ

Violencia é que aínda no século XXI, os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen sen respectar.

Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor que vai ser homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa, da esmola da xente, e como ata a algunha xente lle chega a parecer normal esta situación tan inxusta.

Non é certo que os nenos teñan fame.
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, bubai-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.
-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles.
-A xente pasa leda ...¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!

Xosé María Álvarez Blazquez
(Tui, 1915-1985)


Cuarto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

26/1/08

Biblioburro

Se algunha vez tecleastes bibliobarro en Google, seguro que vos fixastes en que aparece escrito "Quizás quiso decir: biblioburro". Pois ben, se existe na web algunha dirección que teña un nome tan semellante ao do blogue da vosa biblioteca, deberiades saber de que se trata.

Biblioburro é a historia dun mozo colombiano, Luis Soriano, profesor de español no concello de Granada (Magdalena), que tras observar como os seus alumnos chegaban á escola sen facer as súas tarefas por falta de libros, decidiu percorrer todos os fins de semana, a lombos dun burro, os carreiros do seu Departamento para axudar aos nenos a consultar libros. Deixáballes os libros en calidade de préstamo un sábado e, logo, ao sábado seguinte recollíaos para pasarllos a outros nenos doutro lugar. Pero, ademais do servizo de préstamo, este profesor ofrecía aos rapaces actuacións con monicreques e ensináballes a interpretar os contos que lían.

Os dous primeiros anos, o Docto, como lle chamaban cariñosamente no seu pobo, tiña só un burro pero, a medida que foi aumentando a súa biblioteca, viuse na necesidade de conseguir outro animal para cargar un maior número de volumes. Desta forma, Luis Soriano ensinaba español de luns a venres no colexio, mentres que os sábados marchaba con Alfa e Beto (que así se chamaban os dous burros) a facer algo que lle nacía do corazón e polo que non recibía ningún diñeiro.

Co tempo, e grazas á difusión feita pola radio, outros colombianos fóronse unindo a esta nobre causa, de forma que duns cantos libros se pasou a máis de 2800 volumes doados por centenares de persoas. Esta exitosa idea foi levada tamén a outras zonas de Colombia co traballo voluntario de moitos pais e nais de familia.

Afortunadamente, este labor totalmente desinteresado acabou sendo recoñecido polo Goberno Nacional, que inscribiu o programa Biblioburro na Rede Nacional de Bibliotecas, tendo agora acceso ás Caixas de Compensación, é dicir, ás mesmas subvencións que o resto de bibliotecas do país.

En definitiva, este Quixote colombiano non se deixou nunca vencer polos xigantes e demostrou que non existen imposibles cando hai ganas e entusiasmo.