18/4/08

Los seis signos de la Luz

Todos/as sabemos que un libro de ficción engancha moito máis ao/á lector/a se este/a se sinte identificado/a co/coa protagonista. Pero se, ademais, se trata dun/dunha heroe/heroína, o éxito está practicamente garantido.

Posiblemente, este sexa o motivo polo que aos/ás nosos/as alumnos/as do Club de Lectura (especialmente aos/ás máis novos/as) lles estea gustando a obra que actualmente nos ocupa, LOS SEIS SIGNOS DE LA LUZ (por certo, tardamos máis de dous meses en conseguir exemplares suficientes, a pesar de estar editada por Destino).

Algúns/algunhas pensarán que non é máis que outra novela fantástica que fala da eterna loita entre o Ben e o Mal. É certo; pero se tes entre 12 e 16 anos e te atopas cun libro no que o "prota" é un rapaz que ten case a túa idade, que vive nunha granxa coma ti e que da noite á mañá descubre que pertence a unha "raza" especial destinada a librar ao mundo do maligno poder das Tebras, seguro que che apetecería compartir as súas aventuras, non cres?


Por que non vos animades a lelo? Ou, mellor aínda, por que non vides a algunha das nosas reunións? Así, de paso, aprenderiades moitas outras cousas sobre os/as heroes/heroínas da literatura.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Este libro esta xenial, pois é ben bonito. É bastante longo, pero engancha. Conta as historias dun séptimo fillo , dun séptio fillo o que chaman will, é un rapaz que os seus 12 anos dase conta de que é un ancestral... non conto nada máis. Pero iso sí é un libro ben chulo.