15/5/09

Ramón Piñeiro, o neno que quería ver o tren

As homenaxes máis fermosas son, ás veces, as máis sinxelas.


(Vía YouTube)

11/5/09

Humor e Matemáticas... É posible?


Seguramente, a maioría de vós pensedes que as Matemáticas non teñen nada de divertido. A verdade, é que a un non lle dan, precisamente, ganas de rir cada vez que escoita falar de raíces cadradas ou de polinomios (normalmente, o efecto causado é xusto o contrario).

Con todo, e aínda que esta disciplina sempre nos foi presentada como a máis "seria" por excelencia, existen algunhas persoas capaces de facer humor á súa costa e conseguir arrincarnos un sorriso. E estamos a falar de xente da categoría de Quino, Forges e Peridis, entre outros.

Pois ben, dende o Departamento de Matemáticas organizamos unha exposición na que se amosa unha recompilación de viñetas e debuxos extraídos de libros, revistas e xornais (varios deles traducidos ao galego por nós mesmos), que, dunha forma ou doutra, fan referencia a esta materia tan temida. Titulámola As Mates no humor gráfico e foi a nosa colaboración co Proxecto Lector durante os meses de Abril e de Maio.

Non só quixemos que os alumnos lesen os chistes dos paneis, senón que, ademais, lles pedimos que se explicasen mutuamente aqueles que non comprendesen. Tamén votaron os tres mellores gags, que daremos a coñecer máis adiante, unha vez feito o reconto definitivo.


Agora deixámosvos coas fotografías tomadas na exposición ao longo destes días: