7/12/07

Leamos, por favor!

Estes días estase a falar moito do Informe PISA 2006, no cal, por pouco que nos guste, lémbrannos que os/as alumnos/as de Secundaria deste país obteñen uns resultados bastante malos en matemáticas, ciencias e, sobre todo, lectura, en comparación cos/coas estudantes doutros 56 países (case nada!).

Ademais, chégase á conclusión de que o lugar ocupado por España dentro deste "ranking" a nivel mundial (nos tres casos moi por debaixo da media) é consecuencia, fundamentalmente, do escaso hábito de lectura da poboación, o que, á súa vez, inflúe no mal rendemento académico dos/as mozos/as noutras materias.

A verdade, non sei por que agora nos facemos cruces, cando isto mesmo o levabamos dicindo a maioría dos/as docentes dende hai moito tempo. É evidente que a falta de comprensión lectora é unha das principais causas do fracaso escolar, non só na Educación Primaria, senón tamén na Secundaria, xa que ninguén pode responder correctamente a unha cuestión ou resolver un problema se non entende que lle están a pedir.

Todo o mundo quere botar balóns fóra, de xeito que uns culpan aos outros. Mentres tanto, os/as bibliotecarios/as da maior parte dos colexios e institutos continuamos a depender da boa vontade do Claustro para que os Departamentos cedan unha parte do seu orzamento co que poder mercar libros que realmente lea o alumnado, xa que o material enviado de xeito gratuíto pola Administración poucas veces se adapta ás súas necesidades e, moito menos, aos seus gustos literarios.

Xa está ben de compararnos con Finlandia, Canadá ou Xapón!

Cando as persoas responsables do goberno deste país (dá igual quen sexa) recoñezan non só con palabras, senón tamén con asignacións económicas, o importante papel que xogan as Bibliotecas Escolares dentro da Educación, quizais as cousas comecen a cambiar.

E vós, rapaces/rapazas, se ata os Simpson ou Mortadelo e Filemón len, ¿por que non o facedes vós?


Ver: Mortadelo e Filemón na Biblioteca (1) e Mortadelo e Filemón na Biblioteca (2)

LEDE, POR FAVOR!

vía (A Nosa Biblioteca, El Documentalista Enredado)

A Música e os Dereitos Humanos

Os blogues das bibliotecas escolares galegas unímonos de novo. Este artigo publícase de forma colectiva.


FÍJATE BIEN (Juanes)

Te han quitado lo que tienes,

te han robado el pan del día,

te han sacado de tus tierras,

y no parece que termina aquí.

Despojado de tu casa,

vas sin rumbo a la ciudad,

sos el hijo de la nada,

sos la vida que se va.

Son los niños, son los viejos,

son las madres, somos todos, caminando,

y no te olvides de esto, no, no, no.

Fíjate bien donde pisas,

fíjate cuando caminas,

no vaya ser que una mina

te desbarate los pies, amor.

Fíjate bien donde pisas,

fíjate cuando caminas,

no vaya ser que una mina

te desbarate los pies...

Ya no sé quien es el dueño

de tu vida y de la mía,

sólo sé que hay un cuento

que no parece que termina aquí.

Como dicen en los diaros

y como dicen en la tele

y como dicen en la radio

que no parece que termina aquí.

Son los niños, son los viejos,

son las madres, somos todos, caminando,

y no te olvides de esto, no, no, no.

Fíjate bien donde pisas,

fíjate cuando caminas,

no vaya ser que una mina

te desbarate los pies (amor/por favor/amor)

Porque ellos no van a buscarte,

ellos no van a salvarte,

ellos no van, ellos no van, no, no,

y tu no lo vas a creer.



3/12/07

Concurso Postais de Nadal 2007

Como vén sendo habitual, o Concello de Barro convocara o pasado mes de setembro o Concurso de Postais de Nadal 2007, a través da súa Oficina de Información Xuvenil (ver aquí as bases do concurso).

As persoas gañadoras de dúas das categorías deste certame foron as nosas alumnas Ana Seijo Pardo e Patricia Ayudes García, ás cales queremos felicitar dende o blog da Biblioteca.

A continuación, podedes ver os seus traballos, pero se queredes coñecer a relación completa de premiados/as e as súas respectivas postais, non tedes máis que premer nesta ligazón.






A nova escravitude

Reproducimos agora, dividido en cinco partes, un dos programas Especial Noticias elaborado pola cadea Cuatro, no que se fala sobre os/as traballadores/as sen papeis que, cada vez en maior medida, están sendo explotados/as polos empresarios sen escrúpulos. Eles e elas son tamén escravos e escravas, aínda que moitas veces miremos cara a outro lado e intentemos non lle dar importancia á súa difícil situación.










Día Internacional para a Abolición da Escravitude

"Ninguén estará sometido á escravitude nin á servidume; a escravitude e a trata de escravos está prohibida en todas as súas formas"
Pois ben, onte, 2 de decembro, celebrouse o Día Internacional para a Abolición da Escravitude, co que se pretende lembrar a data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou o Convenio para a represión da trata de persoas e da explotación da prostitución allea (resolución 317(IV) ,de 2 de decembro de 1949).
Sabemos que son moitas as conmemoracións que teñen lugar ao longo do ano, pero queremos que sexades conscientes de que esta non é unha máis de tantas, pois aínda hoxe en día son milleiros de persoas e, sobre todo, de nenos e nenas, os/as que se ven sometidos/as a tratos vexatorios, que a maioría de nós non lles desexaríamos nin aos/ás nosos/as peores inimigos/as.
A continuación, amosámosvos un vídeo moi cortiño que quizais faga que vos paredes a pensar uns minutos sobre este tema: