28/2/11

Entroido 2011 no IES de BARRO

ENTROIDO no IES de BARRO, día 4 de marzo DE 2011
Crónica dos alumnos de 2º

O venres día 4 de marzo amenceu soleado. As 8:15 todos os alumnos estarían listos para comezar as súas respectivas clases.
Cando tocou para o primeiro recreo, todos estaban correndo ilusionados para disfrazarse.
Os corredores estaban cheos de sentimentos!! felicidade e paixón polo entroido!!
Pero tamén estaba cheo de vellas... indias...bebés...unha gozada!!
Fomos todos cara ao pavillón e comezou o concurso de disfraces. Rimos moito co desfile e cando rematou chegaron as murgas.
Despois no Playback, os que mellor estiveron foron os de 4º, que encheron o escenario de humor.
O circuito do inferno a continuación foi moi entretido, necesitabas moita concentración e confiar no teu compañeiro.
Os premios foron fabulosos: individuais: “me muero”, parellas: “esqueiters”, grupos: “abba”.
Murgas: “Mamma Mía”, (4º)
Proba do inferno: Anxo e Ramón e no Playback: “La fiesta” (4º)