24/1/08

Pola PAZ

Os Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.

E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.

Dende o pasado día 20 (en bibliobarro comezamos hoxe, perdón polo despiste) ata o próximo 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela.

O noso labor é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar por unha mellor sociedade do futuro.




No hay comentarios: