En efecto, aínda que os libros dixitais ou e-books existen xa hai tempo, a gran empresa americana Amazon, xigante distribuidora de libros vía Internet, lanzou o Kindle. Este aparello (cun nome que recorda ao do coñecidísimo ovo de chocolate), arrasou en Estados Unidos dende o mesmo día da súa aparición. Trátase dun "cachifallo" moi lixeiro (pesa 298 gramos) que ten 256 megas de memoria capaces de almacenar preto de 200 libros, unha batería que aguanta 24 horas de lectura continuada e unha tecnoloxía que permite descargar en só 1 minuto un libro completo ao seu disco duro, ao módico prezo duns 7€ o exemplar.
De momento, este xoguetiño unicamente se comercializa no "país máis desenvolvido do mundo" a 399$ (275€, aproximadamente), sendo posible acceder mediante el a unha biblioteca de máis de 90000 títulos (iso si, incompatibles polo de agora con calquera outro disp

É certo que nos queixamos continuamente de que os rapaces len pouco e tamén é verdade que a eles lles encantan todos os aparellos relacionados coas novas tecnoloxías, pero... alguén cre realmente que lendo a pantalla dun destes libros virtuais se poderán chegar a experimentar as mesmas emocións e sensacións que ollando e apalpando as páxinas dun libro dos de toda a vida? Será que vou vella, xa o sei; eu non me vexo aínda sentada nun banco do parque lendo no Kindle. De todos os xeitos, a min, particularmente, non me agradaría demasiado ter que renunciar a gardar unha flor, unha nota ou, mellor aínda, a carta dun ser querido, entre as follas dun libro.
¡Todo sexa pola lectura!
Artigos relacionados:
Época de "e-lectores", de Rafa Gassó en El Semanal de La Voz de Galicia
¿Estamos preparados para Kindle?
No hay comentarios:
Publicar un comentario