5/3/08

Paseniño: suma e segue

Onte o club de lectura iniciou unha nova tanda de sesións relacionadas co segundo título elixido polo grupo, El devorador de hombres.

En efecto, seguindo as recomendacións de Susana, unha das nosas profesoras de Lingua e Literatura Castelás, nesta ocasión optamos por un dos clásicos das letras iberoamericanas, o escritor uruguaio Horacio Quiroga.

Neste relato curto, pero moi intenso, o autor consegue que o/a lector/a se acabe sentindo totalmente identificado/a co protagonista, un fermosísimo e intelixente tigre de Bengala que se nega a aceptar o seu destino como animal adestrado por un domador de circo, agardando o momento idóneo para culminar a súa vinganza polas humillacións sufridas a mans dos humanos, ao tempo que, paradoxicamente, demostra a súa admiración e cariño por un nobre inglés que participara na morte dos seus pais e na súa captura.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Este libro encantoume,e é moi interesante, tanto que o penso comprar. oxala que no club de lectura sigamos lendo libros tan interesantes coma este, porque "el devorador de hombres" mesmo me evocou moito sobre un libro que xa leera fai bastante tempo e xa non me acordara del. en resumo, que me encanta e engancha moito, ou sexa que se alguen quere lelo, que non comece tarde porque hasta que se termine non paras, jejeje. ben, atalogo.

Anónimo dijo...

O libro gustounos moito, é moi interesante. os rapaces que non estan noi club de lectura tamén necesitan moito paseo pero ocupando todas as clases que haxa o día.