21/5/08

Logos e humor en galego... Que enxeño!

Os/as adolescentes de hoxe en día si que teñen imaxinación e si que a saben empregar de forma construtiva, aínda que ás veces sexa necesario axudarlles a canalizala na dirección correcta.

Como exemplo, aquí vos amosamos os traballos finalistas e gañadores dalgúns dos concursos organizados no noso centro durante o último mes e medio: deseño de senllos logotipos para a Biblioteca e para o Departamento de Normalización Lingüística e reprodución de viñetas de cómics famosos, modificando os seus textos para incentivar o uso do idioma galego.

Unha vez máis, invitámosvos a que coñezades a vea artística dos/as alumnos/as do I.E.S. de Barro (premede sobre a imaxe inferior).

No hay comentarios: