Dentro da nosa sección para aprender e divertirse (ver panel lateral) estreamos hoxe un novo apartado denominado WebQuests.
Aquí contarásenos practicamente todo o que hai que saber sobre este "novo" recurso educativo. Pero, ademais, será un lugar destinado a que os/as profes deste centro vaian "colgando" aquelas páxinas web, con estrutura de WebQuest, relacionadas coas súas respectivas materias e dirixidas a vós.
Pero, ¿que é unha WebQuest?. Ou dito doutro modo, ¿que é o que pretenden estes/as profesores/as?
Pois ben, trátase unicamente de páxinas, cun aspecto máis ou menos semellante, que conteñen actividades que deberedes resolver utilizando información obtida dos recursos web que o/a profesor/a vos indique.
Xa vedes, ides ter que traballar empregando as novas tecnoloxías, é dicir, dun xeito máis "moderno". E, de paso, quizais vos deades conta de que para realizar as vosas tarefas escolares existen moitos lugares de consulta en Internet infinitamente mellores que www.rincondelvago.com.
1 comentario:
Felicidades por ese traballo tan interesante!Un saúdo
Publicar un comentario