19/2/08

O 1º ciclo non afoga entre as mareas

Se a pasada semana eran os/as rapaces/rapazas de 3º e 4º ESO quen realizaban unha excursión a Santiago de Compostela, onte foi o alumnado de 1º ciclo o que fixo unha "escapada" para participar no programa de Educación Ambiental Entre Mareas que, como cada ano, convoca a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e da Secretaría Xeral do Benestar.

Aínda que a meteoroloxía non acompañou todo o que sería de desexar (para un día que chove, tiña que ser este!), afortunadamente púidose levar a cabo a viaxe no catamarán semisomerxible, o que lles permitiu observar o fondo das bateas instaladas nesa zona da ría e, tamén, parar nunha delas. Tras este paseo, visitaron o acuario de O Grove e mesmo lles quedou tempo para achegarse ata a Illa da Toxa.

A continuación aparecen algunhas das fotografías que tomou Kika, a nosa directora, durante esta excursión. Esperamos que vos gusten.



2 comentarios:

Anónimo dijo...

anduvimos entre mareas pero no nos aogamos trakis estamos todos preparados para volver a entre mareas


y a ver si escribimos algun komentarioo k esto esta soso pero soso de verdad

a ver profes decirle a los alumnos k pongan komentarios en el blog k si no esto no tiene emocion

Anónimo dijo...

no nos aogamos xk si no nos echariais de menos