É certo, Abril é un mes moi especial.
Se hai tan só dous días uns compañeiros de Ourense nos elevaban á categoría de Maneiros, dende Silleda nos chega agora unha nova distinción. En efecto, A Biblioteca do Colmeiro, ademais de incluírnos tamén na súa lista de blogues maneiros, considéranos un blogue máxico, polo que a partir deste momento amosaremos orgullosos o logotipo do selo violeta.
Segundo os seus creadores, este selo "representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".
Pero, a aceptación deste selo obríganos a acatar as seguintes regras:
- Exhibir o Selo Violeta no blogue xunto coas regras.
- Indicar cantos blogues consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados.
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.
Imos entón coa parte máis difícil: decidir que blogues son máxicos para nós. E é que nos gustan tantos!
- Club de Lectura Balbordo (que fariamos sen eles?; son a nosa debilidade)
- A Biblioteca do CEIP de Pazos
- Biblioteca Pino Manso
- Ars Legendi
- Bibliomanía
Polo que respecta a "revelar dous dos nosos poderes máxicos", poderiamos considerar como tales:
- Conseguir día a día que a nosa biblioteca sexa o lugar do centro máis visitado polos alumnos.
- Espertar o pracer pola lectura nun grupo de rapaces, que todas as semanas dedican un dos seus recreos a reunirse para falar de libros.
Asegurámosvos que estes dous agasallos nos enchen de emoción e de alegría, pois semella que o noso traballo comeza a ser apreciado fóra do noso propio instituto, o cal é tremendamente gratificante.
4 comentarios:
Estamos abraiadas con este xeneroso agasallo que vos agradecemos MOITÍÍÍSIMO e que non temos claro merecer.
Perdoade que non sigamos a cadea, non saberíamos a quen escoller nin a quen descartar, non saberíamos dicir cales son os nosos poderes agás o amor polo noso traballo.
Bicos enormes e agradecidos. Seguiremos traballando agora con máis responsabilidade e forza que nunca. :)
Grazas polo agasallo.O recollemos gustosos e agradecidos. Bicos dende Sanxenxo.
Muchas gracias desde O Porriño.
Toda una sorpresa saber que alguien nos sigue más allá de nuestro centro. Un saludo
Dende Balbordo, moitísimas grazas de novo!!!
Publicar un comentario