30/1/08

Poemas pola PAZ

Chegamos ao momento en que evocamos a PAZ como unha lembranza.

Impresionados/as polos horrores das guerras, pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os/as ensinantes, os/as bibliotecarios/as, debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da PAZ e da verdade. A verdade porque somos os/as administradores/as dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A PAZ porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos de que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos; todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como o primeiro e o máis importante dos nosos labores cotiás.

Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionantes, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte.

As persoas somos unha mestura de razón e sentimento; nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón.




Oitavo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ.


6 comentarios:

Anónimo dijo...

A estructura dos artigos e un pouco sosa, en si a presentación do bolgger pareceme un pouco sosa, os colores son un tanto apagados. A música e un tanto anticuada, deberia de haber música un pouco mais moderna. Deberia haber fotos das excursións, das actividades realizadas no instituto.

Anónimo dijo...

xa lles vale eee, asiq poñen fotos dos de 1º na excursión, e nn poñen fotos nosas escalando nn?
e aver cando abren o ximnasio dunha ves q nos nn nos nn temos kulpa q os de 1º lle deran patadas o balón de boleyboll

Anónimo dijo...

amin a o blog gustoume mais que a primeira vez que entrei. eu penso que deverian de poñer máis imaxes de todos os alumnos porque solo hai imaxes dos alumnos de primeiro da eso. e tamen pondria música máis reciente e conocida.

Anónimo dijo...

pois a parte de q e un pouko "espeso" ta bastante bn e nn teño mais nada q decir.

Anónimo dijo...

pos eu tou de acordo cos dous komenterios anonimos q casual mente son de Sara jejeje...

Isabel dijo...

Eu estaría encantada de publicar fotos de tod@s @s alumn@s que saídes de excursión. O que sucede é que xa vou estando farta de andar pedindo a todo o mundo que cando as fagades, deixedes que as copie para poñelas no blogue. Isto tamén vai pol@s profes. Por certo, as que están publicadas ata o momento, fixémolas eu e Tranchero coas nosas cámaras.