Estamos moi contentos porque nos acaban de conceder un premio!
En efecto, a biblioteca amiga Unha lagoa de libros elixiunos como un blogue Maneiro, é dicir, un blogue atractivo e creativo.
Dende aquí queremos dar publicamente as grazas, xa que para nós é todo un orgullo que outros compañeiros nos consideren dignos de formar parte desa lista, sobre todo cando estamos convencidos de que aínda debemos mellorar moitas cousas na nosa edición.
Pero ser un blogue Maneiro ten tamén unha serie de obrigas:
- Exhibir a imaxe do premio "Olha que blog Maneiro".
- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogues propostos para ser Maneiros.
- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.
Aínda que existen moitos outros blogues que tamén merecen este premio, dende Bibliobarro queremos declarar como Maneiros aos seguintes:
- As Mariñas
- Club de Lectura Balbordo
- Mesturas
- Biblioteca Ollos Grandes
- Vilán
- BiblioArzúa
- O Segrel do Penedo
- A Biblio
- A Biblioteca de "Libruxa"
- O recanto de Mik
Grazas polo que estamos a aprender de todos vós!
6 comentarios:
Moitas grazas; oxalá a "maneirice" se acumulase polas vosas consideracións: así seríamos duplamente maneiros porque xa nos concederan este cariñoso premio; mais creo que o traballo e a ilusión van ter que seguir aí para conseguirmos ser algo maneiros.
Saúdos desde Lugo e ánimos para continuar, maneiros.
Moitísimas gracias!!! Aínda que xa fomos agasallados con esta distinción, encántanos que vós tamén nos vexades algo "maneiros".
Unha aperta dende Vigo
Moitas grazas. Luns con agasallo, parece menos luns.
Saúdos desde Betanzos
Moitísimas grazas, tamén por esas palabras tan emocionantes que deixástedes no blog de Balbordo. Noraboa tamén a vós polo voso traballo!
Ola, compañeiros de bibliobarro. Estamos encantados e agradecidos por figurar na vosa lista de blogues maneiros. Noraboa polo voso blogue que o premio tédelo ben merecido. Nós estamos aprendendo e esforzámonos por mellorar. Neste blogue participamos o equipo de biblioteca e o EDNL, e sobre todo os alumnos do noso IES (Isaac Díaz Pardo de Sada) Faltaba máis!
Tedes dous agasallos en Silleda.
Un saúdo.
Publicar un comentario