Os alumnos do noso colexio adscrito CEIP Amor Ruibal veñen pisando forte!
En efecto, dúas rapazas de 6º de Primaria chamadas Jessica Alonso Sartal e Susana Abalo Barros acaban de gañar a II Edición do Concurso de Redacción organizado pola Axencia Tributaria, o cal consistía en escribir unha carta a un suposto defraudador do erario público, ou ben, poñerse no lugar do presidente do Goberno dun país imaxinario e enviar unha mensaxe ao seu pobo explicando en que serán investidos os impostos.
Xa lles gustaría a algúns políticos poder contar nos seus equipos con persoas como estas raparigas! Seguro que o fraude fiscal desaparecería enseguida.

Non soamente por ser premiadas, senón sobre todo pola orixinalidade dos seus traballos e por ter as cousas así de claras, gustaríanos que tamén vós puidésedes ler as súas redaccións. Se o desexades facer, non tedes máis que premer sobre as ligazón dos seus títulos.
Carta dirigida a un defraudador (1)
Si fueras Presidenta de un país imaginario, ¿en qué te gastarías el dinero recaudado mediante los impuestos? (2)